Saltar ao contido

Soiuz 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 4
Modelo da Soiuz 4 e a Soiuz 5 despois de realizar o primeiro acoplamento de dúas naves espaciais tripuladas o 16 de xaneiro de 1969.
TipoTripulada
Data de lanzamento14 de xaneiro de 1969, 7:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión2,97 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Soiuz 5.[2][6]
Regreso17 de xaneiro de 1969, 6:51 GMT[1][6]
NSSDC ID1969-004A
Masa6000,0 kg[2][5][6]

Soiuz 4 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 14 de xaneiro de 1969 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soyuz 4, unha Soiuz modelo 7K-OK co cosmonauta Vladimir Shatalov a bordo, foi unha nave lanzada para acoplarse coa Soiuz 5 no que sería o primeiro acoplamento soviético no espazo simulando un acoplamento en órbita lunar. A Soiuz 5 foi lanzada o día seguinte á Soiuz 4, con Boris Volynov, Ievgeni Khrunov e Aleksei Ieliseiev a bordo. Tras sincronizar as órbitas as naves comezaron o achegamento automático o 16 de xaneiro ás 13:37 GMT ata que estiveron a 100 m de distancia, momento no que Shatalov tomou o control manual da nave e se acoplou suavemente no primeiro intento coa Soiuz 5. Khrunov e Ieliseiev, en traxe espacial, saíron da súa cápsula e entraron na Soiuz 4 mentres Volynov se quedaba como único tripulante da 5. Tras 4 horas e 35 minutos acopladas, a Soiuz 4 separouse da 5 e comezou o regreso á Terra cos tres cosmonautas a bordo. A cápsula tripulada aterrou o 17 de xaneiro ás 6:51 GMT a uns 100 km ao suroeste de Karaganda, en Casaquistán. A Soiuz 5 fixo un regreso máis accidentado ao día seguinte.[2][3][4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 4" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 4" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 7 April 1969 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (69-08572). 24 de abril de 1969: 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Soiuz 4" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 1, 3, 4 (7K-OK, active)" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 4" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]